Lunes 05/12/2016.

| Ourense

Ourense

Ourense acolle do 23 ao 25 de setembro a feira internacional de turismo termal Termatalia

Os balnearios galegos xeraron en 2010 uns ingresos superiores aos 60 millóns de euros tras acoller máis de 110.000 usuarios
    • Facebook (Me gusta)
    • Tweetea!
    • Google Plus One
  • Compartir:
  • Deja tu comentario

A cidade de Ourense acollerá durante os próximos días 23, 24 e 25 de setembro o XI edición de Termatalia, feira internacional dedicada ao turismo termal, que se converteu nun referente para os profesionais deste ámbito e na que participarán 28 países de catro continentes.

Un total de 225 expositores estará presentes na feira e ocuparán os 8.000 metros cadrados do recinto nunha edición que rexistra un incremento dun 2 por cento na participación con respecto ao ano anterior. O 37 por cento dos 'stands' proceden de Galicia e a nivel nacional están representadas a maior parte das comunidades autónomas.

O sector termal é importante en Galicia, xa que os balnearios da comunidade acolleron en 2010 máis de 110.000 usuarios e xeraron uns ingresos de máis de 60 millóns de euros.

O presidente do Comité Executivo de Expourense, Celso Barbosa, manifestou na presentación deste certame internacional, que suporá que a cidade de Ourense será o "epicentro do termalismo mundial durante tres días".

O certame permitirá ser un axente dinamizador coa presenza de 28 países de catro continentes, como Arxentina, Alemaña, Brasil, Chile, Colombia, Croacia, Cuba, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estados Unidos, Exipto, Francia, Grecia, Hungría, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Inglaterra, Italia, Marrocos, México, Perú, Polonia, Portugal, Turquía, Uruguai e Xordania.

ARXENTINA, PAÍS INVITADO

Arxentina será o país invitado desta edición por tratarse dun dos que contan con maior potencial do mundo, xa que das 23 provincias, 19 teñen posibilidades de converter o termalismo en eixe da súa promoción turística.

O Instituto Nacional de Promoción Turística (INPROTUR), en conxunto coa Federación Empresaria Hoteleira Gastronómica da República Arxentina (FEHGRA) elixiron Termatalia para poñer en marcha accións de promoción internacional do termalismo deste país, co obxectivo de posicionar Arxentina como destino turístico de primeira orde.

O eixe principal do certame será o Centro de Negocios Internacional, que acollerá as distintas reunións profesionais entre touroperadores, importadores de bens de equipo, provedores e expositores e porase en marcha a bolsa de contratación turística, que contará con 25 touroperadores de viaxes nacionais, algúns dos principais do mercado, e na que tamén participarán establecementos con centros termais, de talasoterapia ou spa de Europa e América.

Así mesmo, haberá presenza de misións comerciais como a organizada pola Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, AITEGAL, que traerá ao recinto a touroperadores de Brasil e México. Celebrarase o VI Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, que xa arranca este xoves, coa participación de 50 expertos procedentes de 13 países e trátase do único foro que pon en común experiencias e proxectos innovadores.

PLATAFORMA TECNOLÓXICA

Pola súa banda, o Observatorio Nacional de Termalismo presentará en Termatalia o seu novo proxecto "Alhgrada", unha plataforma tecnolóxica empresarial de telemedicina, teleasistencia, teleocio e telemercadotecnia destinada ao sector do turismo de saúde.

Durante a súa celebración, terá lugar o 8º Encontro de Cidades Termais, no que participarán as cidades de Luchon (Francia), Montecatini Terme (Italia), Parnu (Estonia) e Afyon (Turquía). Este evento finalizará cunha mesa redonda sobre o impulso a unha nova lexislación en materia de augas.

O programa deste encontro rematará o domingo día 25 de setembro coa realización dunha ruta termal-cultural por Galicia que inclúe a visita á Cidade da Cultura e outra polo Norte de Portugal. Así mesmo, o tren turístico de Ourense realizará rutas diarias para que os visitantes poidan coñecer os principais enclaves termais da cidade.

Durante estes días, haberá unha bolsa de emprego que permitirá crear 80 postos de traballo no sector que, a día de hoxe, dá traballo a máis de 700.000 persoas en Europa.

En total, o programa de Termatalia recolle máis de 50 actividades nas que poderá participar "de forma activa" o público que visite a feira, onde xa está confirmada a presenza de numerosos visitantes procedentes das catro provincias galegas, das comunidades limítrofes e do Norte de Portugal.

Seguir a teinteresa en...

KIT BUENOS DÍAS (El mejor resumen de prensa en tu mail)

Recibir noticias
    • Facebook (Me gusta)
    • Tweetea!
    • Google Plus One
  • Compartir:
  • Deja tu comentario

Kit Buenos Días

Diciembre 2016
Lun Mar Mie Jue Vie Sab Dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31