Este paro –que comezará ás 23.00 horas do día 26 e concluirá á mesma hora do día seguinte– conta co respaldo, entre outros, tamén do comité da planta de tratamento de lixos de Serra do Barbanza, do comité de empresa de Urbaser de Narón e de EcoOurense. Ademais de expresar o apoio ao equipo de Albada no seu conflito, esta xornada de folga busca expresar o rexeitamento á reforma laboral.
Os empregados de Albada, concesionaria da planta de lixos de Nostián, en folga dende o 28 de xullo, piden a readmisión de 11 compañeiros despedidos e na súa negociación do convenio colectivo non aceptan a baixada de soldo dun 25 por cento proposta pola empresa.
Pola súa banda, o 27 de agosto os traballadores de Albada celebrarán unha manifestación –á que invitaron a acudir á cidadanía– que partirá ás 12.00 horas da praza de Pontevedra para concluír na de María Pita, ante o Concello.